El tiempo en Vilagarcía
Twitter
Facebook
Wordpress
youtube
Simulador de Ahorro Energético

BASES DOG PLAN RENOVE DE FIESTRAS 2011



    Consultar


    ¿Quieres compartirlo en Facebook?




    Referencia:

    12/12/2011

    PLAN RENOVE DE FIESTRAS 2011 

    Como un dos órganos encargado de desenvolver a política enerxética da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, o Instituto Enerxético de Galicia considera do máximo interese potenciar as actuacións de renovación das fiestras que supoñan un aforro enerxético significativo en Galicia.

    Artigo 1. Obxecto.

    Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas dirixidas á rehabilitación dos ocos acristalados da fachada, tanto no referente ao acristalamento como aos marcos ou perfís, co fin de acadar melloras significativas na demanda enerxética do edificio e os conseguintes aforros en termos económicos, así como para a selección de entidades colaboradoras que participan na súa xestión.

    Así mesmo, por medio desta resolución convócanse as devanditas axudas.

    As subvencións reguladas nesta resolución totalizan un orzamento de 2.500.000 €, tramitándose este como expediente anticipado de gasto. En todo caso a concesión de axudas queda condicionada á existencia de crédito axeitado e suficiente no momento da resolución de concesión. O total do orzamento destas subvencións, 2.500.000 €, impútase á partida orzamentaria 733A.08.2A.7.8.0.1 e atópanse financiadas ao 100% con fondos procedentes do convenio de colaboración subscrito entre o IDAE e o Inega con data do 3 de xullo de 2008, dentro do Plan de Acción 2008-2012 (PAE4+) da Estratexia de Aforro e Eficiencia Enerxética en España.

    As axudas reguladas nesta resolución, agás aquelas cuxos beneficiarios sexan particulares, entidades e institucións sen ánimo de lucro que non poidan levar a cabo actividades económicas que repercutan en terceiros, atópanse sometidas aos requisitos e cos límites establecidos no Regulamento comunitario núm. 1998/2006, da Comisión, do 15 de decembro de 2006, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis (DOUE L 379, 28.12.2006), en virtude do cal a contía global de axudas de minimis non poderá superar o límite de 200.000 euros nun período de tres exercicios fiscais. Polo que respecta ás axudas ás empresas que operan no sector do transporte por estrada, este límite debería fixarse en 100.000 €. Estes límites aplicaranse independentemente da forma da axuda de minimis ou do obxectivo perseguido. O período determinarase tomando como referencia os dous exercicios fiscais anteriores e o exercicio fiscal en curso, de acordo co establecido no artigo 2 do citado regulamento.

    Actuacións, gastos subvencionables e contía das axudas.

    1. Será subvencionable a renovación de fiestras que formen parte da envolvente térmica do edificio pola compra de novas fiestras que cumpran coas seguintes especificacións técnicas:

    • Dispor de marcación CE conforme a norma UNE EN 14351-1:2006.

    • Exixencias mínimas de eficiencia enerxética:

    a) Opción A: carpintaría de madeira ou PVC e acristalamento que cumpra algún dos seguintes requisitos:

    a.1. Dobre acristalamento con cámara de 12 mm ou superior para vidros normais.

    a.2. Dobre acristalamento con cámara de 6 mm ou superior e con cristal baixo emisivo (con emisividade menor ou igual a 0,1).

    b) Opción B: carpintaría metálica con rotura de ponte térmica de 12 mm ou superior con dobre acristalamento con cámara de 6 mm ou superior e con acristalamento baixo emisivo (con emisividade menor ou igual a 0,1).

    A renovación consistirá na substitución dunha fiestra existente por outra de igual ou inferior tamaño.

    Será subvencionable a colocación dunha nova fiestra paralela á existente (dobre fiestra), sempre e cando esta nova fiestra satisfaga os requisitos enerxéticos citados.

    Tamén será subvencionable a renovación de portas que separen estancias calefactadas do exterior, sempre e cando cumpran coas especificacións técnicas deste artigo e teñan marco por todo o perímetro.

    Considéranse custos subvencionables a retirada das fiestras existentes, a fabricación das novas fiestras e a súa instalación, sempre e cando veña detallado na factura.

    Non son subvencionables:

    • Os cerramentos acristalados que se instalen coa finalidade de pechar ambientes exteriores (terrazas e/ou tendedeiros), por non tratarse dunha renovación senón de modificacións na envolvente da vivenda.

    • Ocos acristalados non situados na fachada como, por exemplo, as fiestras tipo velux.

    • As fiestras que se atopen nas particións interiores das vivendas (fiestras interiores, fiestras de cuartos de baño interiores,...), é dicir, aquelas que non separan estancias calefactadas do exterior.

    • Escaparates.

    En ningún caso serán subvencionables os gastos relativos a actuacións que xa foran obxecto de subvención nas anteriores campañas do «Plan Renove de Fiestras».

    Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionable.

    Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados entre o día seguinte da reserva de fondos e o derradeiro día do prazo de xustificación.

    2. O IVE (imposto sobre o valor engadido) será subvencionable para os particulares, entidades sen ánimo de lucro e administracións públicas, para o cal será necesario realizar unha declaración responsable (opción establecida na solicitude-anexo II) indicando que o obxecto da subvención non se dedica nin se adscribe a ningunha actividade empresarial ou profesional ou, no caso de ser Administración pública, que non pode repercutir o IVE.

    3. A contía da axuda ascenderá a un máximo de 100 €/m2 de oco, cuns límites de 3.000 € por vivenda unifamiliar/piso e 50.000 € en edificios do sector terciario. Para o caso de comunidades de propietarios ou edificios de vivendas, a axuda máxima será de 3.000 € por vivenda unifamiliar/piso co máximo de 50.000 € por edificio. No caso de que o beneficiario obtivera outras axudas relativas ao cambio de fiestras na mesma vivenda/piso ou edificio para a que solicita a axuda a través de convocatorias anteriores de plans renoves de fiestras, o límite máximo será de 10.000 € por vivenda unifamiliar/piso tendo en conta o sumatorio de todas as axudas outorgadas e solicitadas e 300.000 € en edificios do sector terciario ou edificios de vivendas, agás axudas outorgadas a empresas, cuxo límite será de 200.000 € (Regulamento (CE) núm. 1998/2006, da Comisión, do 15 de decembro de 2006, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis).

    En calquera caso, a cantidade da subvención non poderá ser superior ao 25% do custo total da obra.

    Soamente se concederá unha subvención por solicitante e vivenda ou edificio do sector terciario, a excepción da renovación de fiestras en vivendas ou edificios que foran obxecto de axuda en plans renove de fiestras de anos anteriores, e sempre que o solicitante execute unha actuación non subvencionada anteriormente. Neste caso a nova actuación si poderá ser subvencionable. Non será necesario presentar o recibo do imposto de bens inmobles.

    4. En ningún caso o custo dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado.

    Artigo 4. Concorrencia con outras axudas.

    1. O importe da subvención outorgada en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas procedentes de calquera outra Administración ou de entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou doutros organismos internacionais, supere o 100% do investimento subvencionable. En todo caso deberanse respectar as condicións establecidas para cada réxime de axudas na normativa que resulte de aplicación.

    2. A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Instituto Enerxético de Galicia tan pronto como o interesado teña coñecemento e, en todo caso, con anterioridade á xustificación do investimento realizado.

    3. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión nos termos previstos no artigo 20 destas bases reguladoras.

    Artigo 5. Vixencia do Plan.

    O Plan entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 30 de outubro de 2012.

    Artigo 6. Financiamento.

    A cantidade inicial destinada para esta convocatoria de axudas ascende a 2.500.000 €. Eventualmente, esta cantidade poderá incrementarse como consecuencia da maior dispoñibilidade orzamentaria co fin de atender todas as solicitudes, e con partidas sobrantes da xestión do «Convenio marco de colaboración entre o Inega e o IDAE, para a definición e posta en práctica das actuacións previstas no Plan de Acción 2008-2012, (PAE4+) da Estratexia de Aforro e Eficiencia Enerxética en España». En todo caso, a concesión de axudas queda condicionada á existencia de crédito axeitado e suficiente no momento da resolución de concesión.

    En la pestaña de Descargas colgamos las bases completas

    más info en: http://www.inega.es/subvencions/plans_renove/renove_0007.html

    Los precios mostrados incluyen IVA. Si tiene cualquier duda sobre nuestros productos puede ponerse en contacto con nosotros en el teléfono 986 507 182 o bien mediante correo electrónico pinchando aquí